Ampliación e seguimento do SICTED
O xeodestino Ribeira Sacra forma parte da rede de Destinos SICTED de España desde o ano 2020. Nunha firme aposta pola mellora competitiva do xeodestino, conseguir esta certificación era unha pretensión de hai tempo por parte do CTRS.
Trala incorporación de Ribeira Sacra á rede, comezou en agosto de 2020 o proceso de sensibilización, captación e formación de empresas interesadas en adherirse ao programa. Tralas visitas individualizadas e posterior avaliación por parte dos expertos, finalmente conseguiron acreditarse co distintitivo "Compromiso de Calidad Turística" un total de 24 empresas turísticas.
Pois ben, continuando co aposta e impulso á calidade no xeodestino, contratouse novamente, e con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística, a ampliación do número de empresas certificadas en Ribeira Sacra, así como o seguimento das primeiras en obter o distintivo, que ten unha duración bianual.
Esta segunda fase levouse a cabo entre agosto e decembro do 2021, sendo neste último mes cando tivo lugar a reunión do Comité SICTED 2021, o cal determinou a renovación do "Compromiso de Calidad" das 24 empresas, así como a incorporación de 9 entidades novas.
As renovacións e as novas incorporacións suman un total de 43 empresas certificadas co distintivo “Compromiso de Calidad” no xeodestino Ribeira Sacra, no ano 2023. Constrúese así unha rede que engloba a diferentes actores e subsectores do turismo (aloxamentos, restaurantes, transporte, recursos turísticos, servizos públicos, compañías operadoras de rutas fluviais,...), comprometidos pola mellora continúa dos seus servizos; axudando á diferenciación do destino e mellorando a experiencia e satisfacción dos nosos visitantes.
Data realización: agosto - decembro 2021 | xuño - decembro 2022 | agosto - diciembre 2023
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 3 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.