Galería
Galería

Rutas do románico en Ribeira Sacra verán 2023

Da man da empresa Máis que Románico, regresan as clásicas rutas do románico á Ribeira Sacra. Todos os martes, mércores, xoves, venres e sábados, entre o 18 de xullo e o 16 setembro, poderás descubrir os segredos do noso patrimonio románico. 

Ribeira Sacra, 6 de xullo de 2023 

 

PROGRAMACIÓN RUTAS DO ROMÁNICO RIBEIRA SACRA - VERÁN 2023
IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA NO TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229


MARTES: RUTA  1

Hora e punto de encontro: 16:30 h, no IES Val do Asma en Chantada
Visitas: igrexas de Santa María de PesqueirasSanto Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi.


MÉRCORES: RUTA 2

Hora e punto de encontro: 16:30 h, diante da Oficina de Turismo de Sober (Praza do Concello)
Visitas: igrexas de San Xiao de LobiosSan Vicente de Pinol e Santa María de Proendos


XOVES: RUTA 3

Hora e punto de encontro: 16:30 h no mosteiro de San Salvador de Ferreira, en Ferreira de Pantón. 
Visitas: mosteiro de San Salvador de FerreiraSan Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas.


VENRES: RUTA 4 

Hora e punto de encontro: 16:30 h, no IES Val do Asma en Chantada
Visitas: igrexas de San Salvador de AsmaSanta María de Nogueira de Miño e Santa María de Camporramiro.  


SÁBADO: RUTA  5

Hora e punto de encontro: 10:00 h diante do Parador de Monforte de Lemos
Visitas: comezaremos a nosa ruta a pe no Conxunto monumental de San Vicente do Pino. Coñeceremos a organización social e económica da vila medieval, percorrendo as súas antigas rúas gremiais, escenario de convivencia de xudíos e cristiáns ata a súa expulsión. Remataremos coa visita ao Colexio de Nosa Señora da Antiga (Escolapios), fundado polo Cardeal Rodrigo de Castro. 


MÁIS INFORMACIÓN (RUTAS DO ROMÁNICO - MÁIS QUE ROMÁNICO):

  • Prezo rutas 1, 2, 3 e 4: 10€/persoa; menores de 14 anos gratis
  • Prezo ruta 5: 15€/persoa (entrada ao Colexio incluída); menores de 14 anos 5€
  • Rutas guiados con saídas regulares segundo programa. Saídas garantidas con mínimo de 8 persoas. PRAZAS LIMITADAS. 
  • IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA NO TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229
  • Desprazamentos en coches particulares. 
  • Aconsellable levar auga e calzado cómodo. 
  • As rutas poden ser modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos. 
  • Organiza: Máis que Románico

PROGRAMA