
Rutas do románico Ribeira Sacra 2022
Un total de 8 rutas guiadas que percorrerán o románico de Ribeira Sacra durante os meses de verán. A oportunidade perfecta para coñecer aquelas igrexas que xeralmente permanecen pechadas aos visitantes.
RUTAS DO ROMÁNICO DE CHANTADA - De xuño a setembro
IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA EN EL TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229
RUTA 1: RUTA DO ROMÁNICO DA RIBEIRA
Datas: todos os venres, desde o 24 de xuño ao 16 de setembro
Hora e punto de encontro: 16:30 h, Avda de Monforte (á beira do CEIP Eloisa Rivadulla - Chantada)
Visitas: igrexas de Santa María de Pesqueiras, Santa María de Nogueira de Miño e San Salvador de Asma.
Desprazamentos en vehículos particulares.
RUTA 2: RUTA DO ROMÁNICO DO FARO
Datas: mércores 13 e 27 de xullo e 10, 24 e 31 de agosto
Hora e punto de encontro: 10:30 h, Avda de Monforte (á beira do CEIP Eloisa Rivadulla - Chantada)
Visitas: igrexas de Santa María de Bermún, Santiago de Requeixo, Monte do Faro e San Miguel do Monte.
Desprazamentos en vehículos particulares.
RUTA 3:RUTA DOS CAMIÑOS DO MONTE DO FARO
Datas: mércores 6 e 20 de xullo, 3 e 17 de agosto, e 7 de setembro
Hora e punto de encontro: 10:00 h, Praza de Galicia (Chantada)
Visitas: igrexas de Santiago de Requeixo, camiñada entre Requeixo e igrexa de San Cristovo de Mouricios (Dificultade media - 8 km aprox.).
Inclúe traslados en microbús. Recoméndase levar auga e calzado cómodo.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Prezo: 5€/persoa; gratuíto para os veciños/as empadroados/as en Chantada e para menores de 18 anos.
- IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA NO TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229
- As rutas poden ser modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos.
· · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · ·
RUTAS DO ROMÁNICO - MÁIS QUE ROMÁNICO - Do 5 de xullo ao 8 de outubro
IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA EN EL TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229
MARTES: RUTA 1
Hora e punto de encontro: 16:30 h na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño
Visitas: igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa María de Seteventos e Dolmen de Abuíme.
MÉRCORES: RUTA 2
Hora e punto de encontro: 16:30 h, diante da Oficina de Turismo de Sober (Praza do Concello)
Visitas: igrexas de San Xiao de Lobios, San Vicente de Pinol, miradoiro de Santiorxo e Santa María de Proendos.
XOVES: RUTA 3
Hora e punto de encontro: 16:30 h no mosteiro de San Salvador de Ferreira, en Ferreira de Pantón.
Visitas: mosteiro de San Salvador de Ferreira, San Miguel de Eiré, miradoiro de Os Peares e San Vicente de Pombeiro.
SÁBADO: RUTA 4
Hora e punto de encontro: 10:30 h diante da Oficina de Turismo de Sober (Praza do Concello)
Visitas: percorrido a pé pola parroquia de Proendos (paseo circular de 3km - dificultade baixa). Coñeceremos unha parroquia cargada de historia, o seu rico patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural, rematando cunha visita á adega Proencia e degustación de viño D.O. Ribeira Sacra.
SÁBADO: RUTA 5
Hora e punto de encontro: 16:30 h na Praza de Riazón (Avda de Lugo, Taboada).
Visitas: igrexas de San Pedro de Bembibre, Santa María de Taboada dos Freires, Santa María de Piñeira e Santa María de Castelo.
MÁIS INFORMACIÓN (RUTAS DO ROMÁNICO - MÁIS QUE ROMÁNICO):
- Prezo rutas 1, 2, 3 e 5: 10€/persoa; menores de 14 anos gratis
- Prezo ruta 4: 15€/persoa (degustación incluída)
- Rutas guiados con saídas regulares segundo programa. Saídas garantidas con mínimo de 6 persoas. PRAZAS LIMITADAS.
- IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA EN EL TELÉFONO/WHATSAPP 646 533 229
- Desprazamentos en coches particulares.
- Aconsellable levar auga e calzado cómodo.
- As rutas poden ser modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos.
PROGRAMAS
Algunhas das visitas













